Borrador — revisar cun avogado antes do lanzamento.

Política de privacidade

Última actualización: 2026-06

En ITH recollemos só o necesario para que a plataforma funcione: o teu correo universitario (para verificar que es alumnado de USC, UDC ou UVigo), o perfil que creas (nome, identificador, bio, enlaces) e o contido que publicas.

O acceso é exclusivo para o alumnado das universidades galegas. Se conectas GitHub, lemos os teus datos públicos para autocompletar o perfil.

Non vendemos os teus datos nin os compartimos con terceiros para publicidade. Usamos Supabase como provedor de base de datos e autenticación.

Podes editar ou borrar o teu perfil e contido en calquera momento dende os axustes. Para calquera dúbida, escríbenos.