Converte a túa idea en produto.
Valida a túa app
Publica o teu proxecto, consegue testers reais, atopa equipo e medra coa comunidade universitaria galega. Indie, de balde e sen pedir permiso.
Súmate aos primeiros makers galegos
Un taboleiro vivo de proxectos universitarios.
Metade rede social, metade laboratorio. Publica, reúne equipo, lanza probas e deixa constancia do que constrúes.
Track record
Cada lanzamento e cada colaboración queda rexistrada. O teu CV real, auditable.
Antía R.
Socióloga · 3º · USC
Lumio
Busco 2 enxeñeiros e testers para validar a beta da miña app de apuntamentos.
37 / 50 · Testers a bordo
Publica. Reúne. Valida. Medra.
Todo o ciclo de sacar unha idea adiante, nun sitio pensado para estudantes.
Testers reais
Xente que proba a túa alpha/beta e dáche feedback antes de lanzar.
Equipo
Atopa cofundadores e talento doutras carreiras que sume ao teu proxecto.
Apoio e capital
Faite visible para quen pode impulsar e financiar a túa idea.
Publica
Crea o teu proxecto en minutos e di o que buscas: testers, equipo ou apoio.
Reúne equipo
Suma talento doutras carreiras. Queda constancia de quen construíu que.
Lanza probas
Crea campañas internas —alpha, beta— e consegue usuarios reais que proben o teu produto.
Deixa pegada
Cada éxito alimenta o teu track record auditable. O teu mellor currículo.
O noso manifesto
O nivel de vida dun país está ligado á súa produtividade. E a produtividade, cada vez máis, depende da tecnoloxía.
Non é casualidade que Estados Unidos, Alemaña ou China concentren a innovación industrial e dixital: non só producen máis, converten o coñecemento en escala.
En Galicia —como en tantas rexións— o capital foi historicamente a activos de baixo risco e baixa innovación. O problema non é a falta de talento nin de ideas: é a falta de densidade. Proxectos conectados, equipos que se formen aquí e decidan construír aquí.
Hoxe, coa IA xenerativa, prototipar é rápido e experimentar é barato: crear xa non é a barreira. O difícil segue sendo o de sempre —atopar usuarios reais, construír comunidade e escalar o que funciona—. A vantaxe xa non está na idea, senón na execución colectiva.
Os artesáns de hoxe non traballan con madeira nin ferro: traballan con ideas, software e sistemas. E o seu taller é a rede.
0
makers
0
proxectos
0
universidades
Empeza a construír en comunidade
Entra coa conta da universidade, publica o teu proxecto e atopa o teu equipo. É de balde.
Entrar coa universidade